top of page

Media

Maneo de Cambre - C&A + Sílvia Pérez Cruz + Carola Ortiz

Maneo de Cambre é un dos temas máis íntimos e intensos de Aire!. Á sonoridade do violín e o acordeón, fío condutor constante, súmase aquí a maxia infinita de Sílvia Pérez Cruz á voz e a expresividade de Carola Ortiz ao clarinete. Xuntas reinterpretan en feminino este tema tradicional da Costa da Morte (Cambre, Malpica), que cruzou o Atlántico seguindo o curso da emigración ata Carabobo (Venezuela), onde foi recollido por Xurxo Fernandes. O tema musical faise imaxe en movemento a través da mirada sensible de Lucía Estévez, a danza de Fran Martínez e a interpretación de Raquel Espada. Maneo de Cambre é, por tanto, unha viaxe de ida e volta feita canción e lamento; un berro e un murmurio que fala de anhelo e de perda. De cambio e aceptación. Do intento imposible de reter algo que irremediablemente se escapa das mans. Do efémero e, sobre todo, do eterno.

Florencio - C&A

Florencio é unha homenaxe á tradición, ao popular, ás raíces. Ao poder e á verdade do simple e do auténtico. A todos aqueles que cultivaron e coidaron as sementes que fixeron agromar o patrimonio que hoxe atesouramos. O título fai referencia a unha desas figuras imprescindibles, O cego dos Vilares, creador e transmisor de músicas e historias populares que facía nacer do seu violín e da súa gorxa, e que espallaba despois polas aldeas e montañas da Fonsagrada. Florencio é un tema a dúo gravado en riguroso directo, espido e sen maquillaxe. Simple e sincero como a semente da que nace. Tocado coas entrañas e bailado coas mans. Poderoso e explosivo. Ei van unhas xotas… Aire!

Alegría Dio'la dea! - C&A + Fetén Fetén

Virtuosismo e emoción conxúganse aquí cos timbres do violín, acordeón, mandolina, serrucho e culleres para fabricar unha pílula de alegría e enerxía positiva feita música e imaxe. 

Maribel - C&A

Caamaño&Ameixeiras 1
Caamaño&Ameixeiras 2
Caamaño&Ameixeiras 3
Caamaño&Ameixeiras 4
Caamaño&Ameixeiras 5
Caamaño&Ameixeiras 6
Caamaño&Ameixeiras 7
Caamaño&Ameixeiras 8
bottom of page